A Coruña celebrará o Día da Música cun concerto das bandas Moura e Caldo no Teatro Colón

ACoruñaXa
O evento musical terá lugar o vindeiro 22 de xuño ás 20.00 horas. As persoas que desexen asistir á cita deberán retirar a súa invitación gratuíta en ataquilla.com ou no despacho de billetes da praza de Ourense
Imaxe do Teatro Colón da Coruña
3 Jun 2024

A banda coruñesa 'Moura' e o trío vigués 'Caldo' ofrecerán un concerto conxunto polo Día da Música no Teatro Colón, no que experimentarán coa música de tradición oral.

A medio camiño entre a neo-psicodelia, a música tradicional e o rock progresivo, Moura presentar o seu novo EP 'Fume santo de loureiro' aínda que tamén interpretarán o seu repertorio máis desexado, con cancións como 'Axexan, espreitan. Doutro lado chegará a proposta de Caldo, máis íntima e moderna como unha das imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora. Neste concerto especial, daranlle unha nova perspectiva ao seu novo disco 'Lugar A Ponte'.

O concerto ofrece a posibilidade de escoitar a dúas das bandas máis recoñecidas do actual panorama galego. Propostas complementarias con dúas linguaxes distintas que conflúen nesta celebración única do Día da Música.

O concerto terá lugar o vindeiro 22 de xuño ás 20.00 horas. As persoas que desexen asistir á cita deberán retirar a súa invitación gratuíta a través da seguinte ligazón ou no despacho de billetes da praza de Ourense.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17651700973511