A Coruña celebra unha multitudinaria noite de San Xoán con máis de 190.000 persoas nas rúas

ACoruñaXa
Un amplo operativo de seguridade e limpeza continúa despregado tras esta noite máxica
fuegos-san-xoan
24 Jun 2025

A cidade da Coruña viviu unha das noites máis multitudinarias do ano coa celebración de San Xoán, que segundo as primeiras estimacións reuniu a máis de 190.000 persoas na contorna das praias do Orzán, Matadoiro e Riazor, así como nos distintos barrios. Un amplo operativo de seguridade e limpeza continúa despregado para garantir que os festexos se desenvolvan con normalidade durante as vindeiras horas.

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto simbólico de acendido da tradicional falla na praia de Riazor. Estivo acompañada polo escritor Manuel Rivas, homenaxeado este ano na figura da falla tras recibir o Premio Nacional das Letras 2024.

Tamén asistiron ao acto o presidente e o capitán do OAR Coruña, Carlos Resch e Diego Martínez, respectivamente, e representantes das familias das cantareiras homenaxeadas no último Día das Letras Galegas. Participaron Felicidad Casás, Rosa Casás, Jesús Casás, Montserrat Casás, Richi Casás e Rafa Casás, netos de Rosa Casás; Manuel García Casás, neto de Adolfina Casás; Juan José Alvite Castiñeira, fillo de Eva Castiñeira; e Isabel García, presidenta da asociación Aturuxo.

A música tradicional tivo tamén un lugar destacado neste San Xoán coruñés, coa presenza de agrupacións locais como Aturuxo, Donaire, Xacarandaina, Cántigas da Terra, Son d’aquí e Pansenfron, que contribuíron a manter viva a esencia festiva e cultural da cidade nesta noite tan sinalada.

⚙ Configurar cookies
0.18099498748779