A Coruña celebra o CoruFest de artes escénicas LGTBIQ+ do 9 ao 19 de maio
A séptima edición do festival CoruFest terá lugar entre o 9 e o 19 de maio en diferentes puntos da cidade. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, na presentación da nova edición e destacou a súa consolidación como o festival de artes escénicas LGTBIQ+ máis importante do Noroeste. “Dez días de programación cultural que son a mellor antesala para o inicio das celebracións do orgullo e que forman parte, tamén, da nosa ‘Cultura de Vivir’ coa que este ano nos presentabamos” sinalou a alcaldesa.
Neste sentido, Inés Rey, acompañada de Xosé Leis e Gustavo del Río, directores do Festival, deu a coñecer a programación deste ano, na que destaca o enlace internacional coas portuguesas Margarida Monteny e Carminda Soares e o chileno Felipe Rivas, cunha exposición sobre a Intelixencia Artificial. Ademais, o Premio Nacional de Literatura Dramática, Alberto Conejero, ofrecerá un encontro literario. Tamén estará Telmo Irureta, galardoado como Mellor actor revelación nos Premios Goya 2023 por ‘La consagración de la primavera’, que debutará coa súa primeira obra teatral ‘Sexpiertos’, codirixida con Kepa Errasti e que protagoniza con Aitziber Garmendia. Leis e Del Río agradeceron a colaboración do Concello da Coruña e a aposta pola programación cultural dende unha perspectiva inclusiva.
Os directores tamén sinalaron a aposta polos artistas galegos, na liña dos anos anteriores. Destaca o espectáculo ‘Ceibe’ da compañía Fran Sieira ou ‘Elahood’ de Sabela Domínguez e Julia Laport. “Á dinamización cultural sumamos o apoio e recoñecemento á diversidade, algo que forma parte tamén da nosa propia historia como cidade de referentes LGTBIQ+ como Elisa e Marcela ou Tomás Fábregas” sinalou a alcaldesa. As entradas para os espectáculos están dispoñibles a partir deste xoves a través de Ataquilla.
A programación do CoruFest 2024
Xoves 9
- 12.00 horas | Exposición ‘Cuir imaginario’ de Felipe Rivas | Casares Museo Casares Quiroga | Ate o 30/05/2024
- 20.30 horas | Elahood, de Sabela Dominguez e Julia Laport | Centro Sociocultural Ágora
Venres 10
- 19.00 horas | Encontro literario con Nando López | Centro Sociocultural Ágora
Sábado 11
- 12.00 horas | Firma de libros de Nando López | Galgo Azul
- 20.30 horas | Podcast do CORUFEST, Xanela ‘Igualdade, sexualidade e identidade’ | Centro Sociocultural Ágora | Con Jazmín Beirak, Daniel Tigrillo, Jimena González, María Reimóndez e Nando López
Domingo 12
- 20.30 horas | IF (La Ligereza), da Compañía Del Señor Smith | Teatro Rosalía
Luns 13, martes 14
- 16.00 - 20.00 horas | Obradoiro ‘Performar a disidencia’, con Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane
Mércores 15
- 16.00 - 20.00 horas | Obradoiro ‘Performar a disidencia’, con Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane
- 20.30 horas | Encontro sobre políticas LGTBIQ+ con Julio del Valle de Íscar
Xoves 16
- 16.00 - 20.00 horas | Obradoiro ‘Performar a disidencia’, con Álvaro Caboalles | Fundación Luís Seoane
- 20.30 horas | Ceibe, da Compañía Fran Sieira | Teatro Rosalía