A Coruña celebra a XX Semana da Prevención con formación práctica, simulacros e actividades abertas á cidadanía

ACoruñaXa
A alcaldesa Inés Rey e a concelleira de Seguridade Cidadá Montse Paz presentaron a programación da vixésima edición da Semana da Prevención
A CORUÑA semana prevencion
9 Oct 2025

O obxectivo da iniciativa é achegar coñecementos básicos de autoprotección para identificar riscos no fogar, nas escolas e nos espazos públicos e ofrecer ferramentas prácticas para actuar con eficacia en situacións de emerxencia, baixo o lema O mellor incendio é o que non se produce

No Parque da Prevención instalado na praza de María Pita calcúlase que escolares e familias poderán aprender a evacuar en condicións de baixa visibilidade mediante unha vivenda hinchable que se enche con fume inocuo e que servirá tamén para practicar o uso de extintores, sinais de emerxencia, orientación en espazos sen visibilidade e técnicas de reanimación cardiopulmonar

As actividades dirixidas ao público escolar desenvolveranse en horario de mañá e pola tarde haberá obradoiros abertos á cidadanía sobre prevención de incendios domésticos, manexo de extintores, actuación ante accidentes de tráfico e uso correcto dos sistemas de retención infantil con monitores especialistas

Un dos momentos salientables desta edición será o simulacro real previsto no edificio do antigo cine Avenida que poñerá a proba os protocolos de actuación en emerxencias e permitirá avaliar a coordinación entre servizos e axentes implicados

A convocatoria pon tamén especial énfase na instalación e no uso de detectores de fume como elemento clave para salvar vidas e lembra que un alto porcentaxe das vítimas de incendios morre por inhalación de fume, polo que a Administración local e entidades colaboradoras teñen distribuído detectores en vivendas de persoas maiores e con mobilidade reducida

O programa complétase con charlas de prevención organizadas coa Federación de Asociacións Veciñais que se celebrarán en barrios da cidade co obxectivo de achegar consellos prácticos ás familias e ás persoas en situación de maior risco e de estender a cultura da autoprotección ao conxunto da poboación

O Concello anima á cidadanía a achegarse ata o domingo 13 de outubro aos espazos da praza de María Pita para participar nas actividades, coñecer os recursos dispoñibles e incorporar hábitos que fagan da Coruña unha cidade máis segura

⚙ Configurar cookies
0.069390058517456