A Coruña avanza no proceso para acoller partidos do Mundial de fútbol do 2030

ACoruñaXa
Técnicos da RFEF visitaron esta mesma semanas diversas instalacións susceptibles de converterse en subsedes de apoio á candidatura da cidade herculina e ó estadio municipal de Riazor
Imaxe da reunión celebrada este xoves entre o Concello da Coruña e  representantes institucionais da Real Federación Galega de Fútbol e da Real Federación Española de Fútbol
22 Feb 2024

A carreira por formar parte da candidatura final española para o Mundial 2030 continúa aberta con todas as opcións intactas para A Coruña e Vigo, as dúas cidades que confirmaron o seu desexo de acoller partidos da cita mundialista. A FIFA, a través da Real Federación Española de Fútbol, segue recollendo información das sedes antes de tomar a decisión final.

Neste sentido esta mañá na Coruña o concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, reuníronse con representantes institucionais da Real Federación Galega de Fútbol e da Real Federación Española de Fútbol para avanzar na folla de ruta prevista na candidatura coa que a cidade opta a ser sede oficial do Mundial de fútbol do ano 2030.

Os técnicos da RFEF visitaron esta mesma semana as diversas instalacións deportivas susceptibles de converterse en subsedes de apoio á candidatura da Coruña e o estadio municipal de Riazor. Estas instalacións, postas sobre a mesa pola Real Federación Galega de Fútbol, son sete, e están repartidas entre as provincias de A Coruña e Lugo. Concretamente, nos concellos de Abegondo, Arteixo, Ferrol, Lugo, Ordes, Santiago de Compostela e Vilalba.

Neste sentido, na reunión da comisión de avaliación da candidatura para fixar os prazos que marca a FIFA participaron tamén Antonio Leira, deputado provincial; Roberto García, por parte da Xunta; Iván Sánchez e Paulo Dinís de Brito por parte do Deportivo da Coruña; tanto o vicepresidente da área territorial da Coruña como o secretario xeral da Real Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar e Diego Batalla; e María Tato, integrante da Comisión organizadora do Mundial 2030 na Real Federación Española de Fútbol.

0.19040203094482