A Coruña acollerá a segunda edición do curso de actualización en resistencia antimicrobiana

ACoruñaXa
Máis de 150 profesionais de toda España reuniranse para debater os avances fronte a unha das maiores ameazas para a medicina moderna
resistencia-antimicrobiana
25 sep 2024

Os días 26 e 27 de setembro, A Coruña será sede do II Curso de Actualización en Resistencia Antimicrobiana, un evento que reunirá a máis de 150 médicos e investigadores na Fundación Barrié para abordar os desafíos e avances na loita contra a resistencia bacteriana aos antibióticos.

Organizado polo Servizo de Microbiología Clínica do CHUAC e o grupo de investigación do INIBIC, en colaboración co Grupo de Estudo de Mecanismos de Acción e Resistencia aos Antimicrobianos (GEMARA) da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbiología Clínica, o evento contará con relatores de prestixio internacional especializados en microbiología clínica, enfermidades infecciosas, medicina intensiva, anestesiología e farmacia hospitalaria, entre outras áreas.

O curso estará centrado nas infeccións causadas por bacterias Gram negativas, que representan unha grave ameaza para pacientes hospitalizados ou inmunodeprimidos. Durante dous días, os expertos debaterán os últimos avances en diagnóstico e tratamento de infeccións graves, unha problemática que podería superar ao cancro como causa principal de mortalidade en 2050.

A inauguración do evento contará coa participación de #Luis Verde Remeseiro, xerente da área Sanitaria da Coruña e Cee, xunto cos coordinadores Germán Bou Arévalo e Jorge Arca Suárez do CHUAC, e Juan José González López do Hospital Vall d'Hebrón.

Este encontro reafirma o compromiso da Coruña coa excelencia investigadora e asistencial en microbiología clínica

0.18097686767578