A Coruña acolle o III Congreso Internacional de Adestradores de Fútbol e Fútbol Sala

ACoruñaXa
O evento reúne entre hoxe e mañá na Coruña representantes do fútbol e fútbol sala e doutras disciplinas para intercambiar experiencias, nun foro ao que se prevé unha asistencia de 700 persoas
Imaxe do III Congreso Internacional de Adestradores de Fútbol e Fútbol Sala. O Camiño do Futgal
7 Jun 2024

A cidade da Coruña acolleu esta mañá a inauguración do III Congreso Internacional de Adestradores de Fútbol e Fútbol Sala. O Camiño do Futgal, organizado pola Real Federación Galega con apoio da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), que reúne hoxe e mañá no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña a adestradores, seleccionadores, psicólogos deportivos, ex xogadores de fútbol, árbitros, xornalistas, coachs e ponentes non só do ámbito do fútbol, senón tamén doutros deportes.

No evento participou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo quen celebrou que A Coruña sexa estes días capital mundial da formación no fútbol e no fútbol sala con este congreso ao que se prevé que se acheguen unhas 700 persoas para interesarse polo deporte galego e, ao mesmo tempo, desfrutar do turismo na cidade coruñesa.

Durante a inauguración do evento, o conselleiro de Deportes tamén aproveitou para destacar o éxito do deporte galego e, en concreto, do fútbol con máis de 100.000 licenzas, das que arredor de 10.000 son de mulleres, o que supón -indicou- un 10% total e demostra o auxe do fútbol feminino. Do mesmo xeito, agradeceulles á Real Federación Galega de Fútbol o desenvolvemento dun evento desta magnitude na Coruña. Ademais, no que se refire a técnicos e adestradores aos que vai dirixido este congreso contabilízanse máis de 5.500 licenzas, o 10% tamén de mulleres.

O Camiño do Futgal permitirá en dúas xornadas formativas analizar a situación actual do fútbol e fútbol sala e intercambiar coñecementos, experiencias e boas prácticas. Participarán figuras destes e outros deportes: adestradores como Julen Lopetegui, Paco Jémez, José Rojo Martín Pacheta, Chema Monzón, Rubén Albés ou Pedro Martínez e seleccionadores de fútbol -Montse Tomé (selección española feminina) e Max Bellarte (Italia)- e de fútbol sala -Fede Vidal e Claudia Pons (selección española masculina e feminina de fútbol sala respectivamente), Marquinhos (Brasil) e Matías Lucuix (Arxentina)-.

Os asistentes coñecerán tamén coas testemuas de adestradores doutras disciplinas como Toni Nadal (tenis) ou Gemma Mengual (natación sincronizada), aos que se suman outros nomes como Jorge Valdano,  Sergio Navarro -director da canteira do Athletic Club de Bilbao-, José Tirado -director xeral do Palma Futsal-, o psicológo deportivo Pep Marí, o nutricionista do F.C. Barcelona Aniello Porcelli, o preparador físico Óscar Profe Ortega ou o atleta olímpico Andrés Díaz.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18455195426941