A Coruña acolle o Campionato Galego de Rampla de Skate este sábado

ACoruñaXa
O evento, que comeza ás 11.00 horas, reunirá a skaters de toda Galicia e buscará fomentar a práctica do deporte entre a mocidade
Imaxe dunha pista de skate
20 sep 2024

Este sábado, 23 de setembro, celebrarase na Coruña o Campionato Galego de Rampla (Bowl) para skaters federados de toda Galicia. O evento terá lugar nas instalacións da Escola Profesional de Skate Maroña Indoor, no Polígono A Artística, con horario de 11.00 a 20.00 horas.

A competición contará con categorías sub16 e absoluta, tanto feminina como masculina. Os clubs participantes inclúen Maroña Indoor (A Coruña), Viejo Lobo (Pontevedra), Northside (A Coruña), Barrier (Vigo) e Barrel (Narón). O Concello da Coruña colabora na organización do campionato, co obxectivo de promover o deporte entre a mocidade.

A xornada comezará cunha sesión de adestramento libre ás 11.00 horas, seguida da primeira manga da competición arredor das 13.00. As finais desenvolveranse entre as 16.00 e as 20.00 horas, co remate e entrega de trofeos a cargo do concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.

0.17828106880188