A Coruña acolle este sábado o III Galego de Seleccións Comarcais de Veteranos

A Coruña será este sábado, 1 de novembro, a sede do III Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Veteranos, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello. A cita deportiva desenvolverase nos campos da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, na Torre, e reunirá máis de 130 futbolistas das delegacións comarcais da Coruña-Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e A Costa da Morte.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, subliñou que este campionato é ‘unha mostra do compromiso do Goberno de Inés Rey co deporte en todas as idades, e unha oportunidade para que A Coruña amose o seu potencial como cidade acolledora de grandes eventos deportivos’. Tamén destacou ‘o valor do deporte veterano como ferramenta de cohesión social, de promoción da saúde e de reforzo dos vínculos comunitarios’.
A xornada arrancará ás 10.00 horas e está previsto que se prolongue durante todo o día, cun formato de fase de grupos e posteriores eliminatorias. Os encontros disputaranse en tempos de 30 minutos por parte con 5 minutos de descanso, e os empates decidiranse na quenda de penaltis. A final celebrarase ás 19.00 horas no campo número 2 da Torre.
O Concello anima a veciñanza a achegarse aos campos da Torre para gozar do fútbol veterano e apoiar ás seleccións participantes nesta festa do deporte galego.