A Coruña acolle a cuarta edición do festival de electrónica RetroFuture Fest 2025

ACoruñaXa
Nove artistas actuarán no espazo exterior do Museo Científico Domus, así como na SkyRoom da sala Pelícano
R_F_COMPLETO_FESTI25
14 Mar 2025

RetroFuture Fest celebrará a súa cuarta edición nunha completa fin de semana chea de música electrónica e innovación. O festival, que se celebrará os próximos venres 9 e sábado 10 de maio, medrará en espazos, duración e número de artistas. Nove artistas actuarán no auditorio e no espazo exterior do Museo Científico Domus, así como na SkyRoom da sala Pelícano.

Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, destacou a importancia de que os espazos máis singulares da cidade acollan eventos culturais tan singulares como este festival de electrónica: "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos que os nosos espazos máis singulares poidan acoller eventos culturais xenuínos como é o caso deste festival", comentou Castro.

O festival, que contará con programación diúrna e nocturna, xa consolida catro anos de traxectoria nos que se temido como plataforma para a presentación e descubrimento de artistas locais, nacionais e internacionais que exploran as facetas menos coñecidas e convencionais da electrónica contemporánea.

A programación e o concepto do festival son dirixidos polo promotor e DJ coruñés Fernando Grobas, creador tamén dos eventos RetroFuture, que se celebran na cidade desde 2018. Entre os artistas que forman parte desta edición destacan o veterano artista francés The Hacker, representante do techno e electro vintage de matices dos 80’s e 90’s; o dark ambient do austriaco Antechamber; a electronic body music do xeorxiano Downwell; o ambient da rusa Perila; os loops áridos do francés UFO95; os sons electro do local Fake Robotique; a catalá Spacer; e a electrónica multifacética da chilena afincada en Madrid, Yngrid.

RetroFuture Fest volve este ano a destacar por presentar unha programación coidada e inédita en Galicia e España, con premiers e debuts de artistas que apostan por dotar de personalidade e calidade musical á súa proposta, máis aló das modas e convencionalismos.

⚙ Configurar cookies
0.31869387626648