A Coruña achegará 425.000 euros para financiar as actividades das ANPAS dos centros escolares públicos da cidade

ACoruñaXa
A alcaldesa e a presidenta da Federación Provincial asinan dous convenios nominativos para o presente ano
Imaxe da alcaldesa, Inés Rey, asinado o convenio coas ANPAS
29 Xuño 2024

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou no Palacio de María Pita coa presidenta da Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos, María José Ferreño Precedo, dous convenios nominativos por un importe total de 445.000 euros. Un deles, de 425.000 euros, destínase a financiar o programa de actividades que realiza a Federación das ANPA ao longo de todo o curso escolar. O outro, por importe de 20.000 euros, servirá para gastos de persoal e formación.

“Os programas de actividades que realiza a Federación das ANPA nos centros públicos son claves para a formación das e dos escolares da cidade porque completan os contidos dos cursos con deporte, cultura, idiomas e educación en valores, ademais de ser unha ferramenta de conciliación para os pais e nais”, dixo a alcaldesa, que lembrou que o convenio para actividades aumentou en
21.000 euros con respecto a 2023.

Os programas diríxense a alumnos e alumnas de todas as idades, desde educación infantil a bacharelato, e agrúpanse en dúas categorías: A Coruña de Aventura, con actividades como os itinerarios pola cidade, as rutas urbanas animadas e o proxecto Espías do Tempo; e A Coruña tardes, na que se enmarcan, entre outras actividades os campamentos de verán (Campacoles e Summer Talk). Tamén, grazas a este convenio, se financian parte das actividades do Día da Ciencia na Rúa e a Feira Matemática.

 

 

0.14299583435059