A cooperación da Deputación da Coruña cumpre dez anos co foco posto no empoderamento das mulleres

ACoruñaXa
A institución provincial fai balance dunha década de apoio a proxectos en África e América Latina centrados na autonomía económica, a soberanía alimentaria, o acceso a servizos básicos e a defensa dos dereitos fundamentais
DEPU CORU proyecto bolivia
8 Mar 2026

A Deputación da Coruña fixo balance dunha década de cooperación internacional coincidindo co Día Internacional da Muller, unha etapa na que impulsou máis de vinte proxectos orientados a mellorar a vida das mulleres e reforzar os seus dereitos en distintos países de África e América Latina.

A través de entidades galegas sen ánimo de lucro, a institución apoiou iniciativas centradas na formación profesional, a inclusión social, a soberanía alimentaria, o acceso á auga e a defensa dos dereitos humanos. Entre elas figuran programas de capacitación para mulleres en Bolivia, Perú e Ecuador, proxectos produtivos liderados por cooperativas femininas en Costa de Marfil e Tunisia, e actuacións para facilitar o acceso á auga potable en Guinea Bissau.

Tamén se desenvolveron intervencións vinculadas á xustiza social, como a restitución de terras para mulleres vítimas do conflito en Colombia, a construción dun albergue comunitario en Guatemala e programas de alfabetización en Benín. Ademais, a Deputación impulsou na provincia accións de sensibilización sobre a situación das mulleres en África.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, subliñou que esta cooperación demostra o compromiso da institución coa igualdade e coa mellora da calidade de vida das mulleres, e reafirmou a vontade de manter esta liña de traballo nos vindeiros anos.

0.12059879302979