A concelleira Noelia Martínez Canosa esixe que se cumpra o contrato de xestión de biomasa en Arteixo

A concelleira de Arteixo, Noelia Martínez Canosa, demandará no pleno municipal que o Goberno Municipal garanta o cumprimento das condicións establecidas no prego de prescricións técnicas do contrato do servizo de xestión de biomasa na rede de vías municipais.
Martínez Canosa explicou que a súa petición responde ás queixas veciñais recibidas sobre deficiencias na roza da maleza en diversas zonas do concello. “As empresas adxudicatarias non están a cumprir correctamente coa limpeza manual nas zonas que o requiren, nin coa recollida, carga e transporte dos restos da roza. Ademais, tampouco se está levando a cabo o barrido, soprado e retirada dos residuos xerados polos traballos, o que impide que estradas e cunetas queden debidamente limpas para o correcto drenaxe das augas pluviais”, denunciou a concelleira.
Ante esta situación, Martínez Canosa solicitará que se esixa ás empresas concesionarias o estrito cumprimento das condicións establecidas no contrato, facendo especial fincapé no punto terceiro do prego de prescricións técnicas, co obxectivo de garantir un servizo eficaz e de calidade para a veciñanza.