A comisión de festas de Présaras organiza un campionato de tute con premios gastronómicos e pinchos durante toda a noite

ACoruñaXa
A cita será o sábado 7 de marzo, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de Présaras (Vilasantar), con 30 puntos por parella e un mínimo de 20 equipos inscritos
baralla-cartas-tute
22 Jan 2026

A Comisión Présaras 2026 promove para o vindeiro sábado 7 de marzo un campionato de tute que se celebrará no pavillón municipal de Présaras, no concello de Vilasantar, a partir das 19.00 horas.

O torneo disputarase por parellas e co formato de 30 puntos, coa condición de reunir cando menos 20 parellas para tirar adiante a competición. Ademais do ambiente de xogo, a organización anuncia 'pinchos a fartar' ao longo da noite.

En canto aos premios, o primeiro posto levará dous xamóns, dúas botellas de viño e dous queixos; o segundo, dúas botellas de viño e dous lacóns; e o terceiro, dous queixos e dúas botellas de viño. O campionato contará tamén con repesca, con dous queixos para o primeiro premio desta fase e dúas botellas de aceite para o segundo.

As inscricións poden formalizarse contactando con calquera membro da comisión: Diego (651 860 858), Lucía (638 915 519), Fran (666 914 464) ou Sergio (638 453 723).

tute presaras
⚙ Configurar cookies
0.077284812927246