A Cátedra Fundación Inade-UDC organiza unnha charla para analizar as dificultades que afrontan as persoas con discapacidade

A Coruña acolle o 10 de decembro a xornada “Rompendo barreiras: discapacidade, discriminación e seguro”, organizada pola Cátedra Fundación Inade-UDC. Este evento busca analizar as dificultades que afrontan máis de 4,6 millóns de persoas con discapacidade en España para acceder aos seguros, desde problemas nos procesos de contratación ata a falta de produtos adaptados á diversidade.
A xornada, que se desenvolverá no Paraninfo da Universidade da Coruña a partir das 10:00 horas, contará coa participación de expertos do sector asegurador, xurídico e organizacións sociais que debaterán sobre igualdade de trato e accesibilidade nos seguros.
Entre as intervencións destacadas está a presentación do décimo volume da colección Cadernos da Cátedra, titulado “Discapacidade, discriminación e seguro”, a cargo das catedráticas Natalia Álvarez Latexe e Cristina Guilarte Martín-Calero, que analizarán como adaptar o contrato de seguro para garantir a igualdade efectiva e a eliminación da discriminación.
A xornada inclúe dúas mesas redondas: a primeira centrada na igualdade de trato no seguro de saúde, coa participación de representantes de Sanitas, Grupo ASISA e AECC; e a segunda, que abordará a accesibilidade e a inclusión na contratación de seguros, coa presenza de representantes de UNESPA, Santalucía e Ilunion (ONCE).
O evento destaca tamén a importancia de promover a empregabilidade das persoas con discapacidade dentro do sector asegurador para avanzar cara a unha maior diversidade e mellor comprensión das necesidades dos asegurados.
A asistencia é gratuíta, previa inscrición, e todos os participantes recibirán o décimo Caderno da Cátedra como agasallo.