A Casa Rectoral de Celas acollerá esta fin de semana a exposición ‘Onde habitan os recordos’

ACoruñaXa
Trátase dunha iniciativa especial na que se exhibirán obxectos e fotografías cedidas polos veciños de Culleredo
CARTEL-CULLEREDO
21 Feb 2025

A Casa Rectoral de Celas será o escenario dunha exposición colaborativa de fotografía e obxectos artesanais os días 22 e 23 de febreiro. A mostra, titulada 'Onde habitan os recordos', está organizada polas estudantes de Belas Artes da Universidade de Vigo, Raquel Pampín e María Martelo, e conta coa colaboración do Concello de Culleredo.

A exposición poderá visitarse de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, con entrada de balde para todos os interesados. Trátase dunha iniciativa especial na que se exhibirán obxectos e fotografías cedidas polos veciños de Culleredo, quen nas últimas semanas foron enviando as súas propostas ás organizadoras. O obxectivo da mostra é poñer en valor a riqueza cultural e patrimonial a través do vínculo emocional da memoria colectiva.

Como actividade paralela e acto de clausura, o domingo 23 de febreiro ás 18.00 horas terá lugar na Casa Rectoral unha charla na que intervirán dous artesáns, a ceramista Verónica Moar e o oleiro Pablo Rodríguez. Ademais, proxectarase un vídeo a cargo de Cristina Souto, pechando así unha fin de semana dedicada á arte, á memoria e á tradición.

⚙ Configurar cookies
0.18215203285217