A Casa-Museo María Antonia Dans en Curtis acolle unha exposición de pintura acrílica

ACoruñaXa
A veciña de Curtis, Lola Alga (Dolores Álvarez) expoñerá os seus cadros de pintura acrílica
Cartel da exposición pintura acrílica en Custis
13 Apr 2024

A partir deste domingo, día 14 de abril, a casa-museo de María Antonia Dans en Curtis acollerá unha exposición sobre a pintura acrílica realizada por unha veciña o municipio.

Deste xeito, a veciña de Curtis, Lola Alga (Dolores Álvarez) expoñerá os seus cadros de pintura acrílica a partir do 14 de abril na casa-museo de Mª Antonia Dans.

O domingo será a inauguración ás 12.30 horas, pero todos os interesados poderán disfrutar destas obras de martes a venres en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. Tamén estará aberta os sábados, domingos e festivos de 11.00 horas a 14.00 horas.

d12afdb4-7a5f-4114-95a3-1c50d12b248d
0.13818502426147