A Casa do Pescador de Miño acolle o seu primeiro evento sobre a conciliación profesional e persoal

ACoruñaXa
Esta iniciativa busca destacar o papel do Coworking Miño como un espazo colaborativo
20122024-2_minocow
16 Feb 2025

O primeiro evento oficial do espazo Coworking Miño, Casa do Pescador, titularase 'Equilibra o teu Emprendemento'. Terá lugar o próximo venres 21 de febreiro de 17.00 a 19.00 horas. Esta iniciativa pioneira será liderada pola coworker Paula García Otero, unha emprendedora comprometida coa conciliación e o apoio á comunidade profesional.

O evento gratuíto, está dirixido a emprendedores, profesionais e familias, busca ofrecer
ferramentas prácticas para afrontar os retos de equilibrar a vida persoal e profesional. O
obxectivo é que os participantes poidan desenvolver novas estratexias, superar bloqueos e
fomentarredes de colaboración nun ambiente dinámico e inclusivo.

Este encontro supón a oportunidade de dar un primeiro paso como espazo de referencia para o emprendemento na comarca. Coa implicación activa dunha das súas integrantes,
Paula García Otero, ponse en valor o talento interno da comunidade do coworking, creando un evento feito por e para emprendedores.

Aberto a todo tipo de público, incluídas familias con nenos, este evento busca destacar o papel do Coworking Miño como un espazo colaborativo e centrado nas persoas. Este primeiro evento, liderado pola visión innovadora de Paula García Otero, supón un exemplo do potencial das sinerxías que se crean neste lugar.

0.14174199104309