A Casa da Cultura de Ordes acollerá a presentación da biografía de Bebeto o sábado 29 de novembro

ACoruñaXa
O exfutbolista brasileiro, lenda do SuperDépor, asistirá ao acto de presentación do libro 'Bebeto. El hombre que acunó el gol', escrito por Alexandre Centeno
ORDES presentación bebeto
4 Nov 2025

O Concello de Ordes acollerá o vindeiro sábado 29 de novembro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura, a presentación oficial da biografía autorizada Bebeto. El hombre que acunó el gol, obra do xornalista e escritor Alexandre Centeno. O acto contará coa presenza do propio Bebeto, un dos xogadores máis emblemáticos da historia do Deportivo da Coruña e símbolo do mítico SuperDépor dos anos 90.

A publicación repasa a traxectoria deportiva e persoal do internacional brasileiro, desde os seus comezos en Río de Xaneiro ata a súa chegada a A Coruña, onde conquistou á afección co seu talento, os seus goles e o recordado xesto de celebrar os tantos acunando os brazos, símbolo dun tempo inesquecible para o deportivismo.

O evento, de entrada libre ata completar aforo, está organizado polo Concello de Ordes dentro do seu programa de promoción cultural e deportiva, e supón unha oportunidade única para reencontrarse cunha das figuras máis queridas do fútbol galego.

⚙ Configurar cookies
0.07227897644043