A Casa da Cultura de Ordes acolle este venres ‘Os mortos tamén falan’, unha comedia entre retranca e suspense

ACoruñaXa
A función comezará ás 20.00 h e terá entrada de balde, con acceso libre ata completar aforo
ORDES os mortos tamen falan
21 Jan 2026

A programación cultural de Ordes suma este venres 23 de xaneiro unha nova proposta escénica coa representación de ‘Os mortos tamén falan’, que se poderá ver na Casa da Cultura a partir das 20.00 h. O Concello anuncia unha sesión aberta ao público, con entrada gratuíta e acceso por orde de chegada ata completar o aforo.

A obra presenta unha situación tan cotiá como inquietante: dúas mulleres quedan pechadas nunha cociña e, entre o humor e a tensión, van aflorando segredos, culpas e verdades que levaban anos soterradas. A peza mestura comedia, música e emoción nun xogo de xiros no que, segundo avanza a sinopse, ‘nada é o que parece’, cunha premisa final tan suxestiva como directa: ás veces, os mortos tamén falan.

⚙ Configurar cookies
0.078505992889404