A Casa Arrigada acollerá o Torneo de Inverno de ping pong entre febreiro e marzo

O Concello de Cambre organiza un Torneo de Inverno de ping pong que se disputará na Casa Arrigada ao longo de cinco datas repartidas entre febreiro e marzo de 2026. A iniciativa, de balde, busca fomentar a participación deportiva e o ocio activo entre a mocidade.
Os encontros celebraranse en febreiro o venres 6 (18.00 a 20.00h), o luns 16 (11.00 a 13.00h) e o mércores 18 (11.00 a 13.00h). Xa en marzo, o torneo continuará o venres 6 (18.00 a 20.00h) e pechará o venres 27 (18.00 a 20.00h).
Haberá dúas categorías, unha para participantes de 12 a 17 anos e outra para idades de 18 a 30. As inscricións poden formalizarse na Casa Arrigada e tamén se ofrece información a través do correo omix@cambre.org
e dos teléfonos 981 61 31 70 e 609 51 03 31.