A cantante GiGi McFarlane actuará o 19 de abril no MEGA de A Coruña
A noite do venres 19 de abril, o Museo MEGA de Estrella Galicia na Coruña convertérase nunha auténtica festa de soul, disco e música negra da man de Gigi McFarlane, que volve ao recinto cinco anos despois de actuar na súa inauguración.
Con este evento, regresan os concertos con maridaxe en formato íntimo ao Museo de Estrella Galicia da man desta impactante e enérxica voz do soul, que aterrará na Coruña en formato dúo con temas orixinais do seu disco 'Power Acoustic'.
A artista, famosa por interaccionar co público durante os seus directos, ofrecerá en directo versións de grandes éxitos de artistas como Tracy Chapman, Michael Jackson ou Madonna. As entradas para o evento poden adquirirse través da web oficial do museo.
Gigi McFarlane nada en Londres, de nai jamaicana e pai alemán, consolidouse como unha figura destacada no circuíto nacional de clubs e festivais dedicados ao soul e á música negra. Desde que se estableceu en Barcelona fai máis dunha década, a súa carreira artística como intérprete, compositora e guitarrista experimentou unha constante evolución, destacando especialmente pola forza e o impacto das súas actuacións en vivo.
Dentro do seu repertorio, a cantante combina clásicos do soul e grandes temas da música negra de todas as épocas con composicións propias que revelan cada vez máis a súa personalidade única. Con máis de 2000 concertos realizados en todo o mundo e a súa participación no programa de TVE Cover Night, Gigi demostrou a súa versatilidade e o seu talento no escenario.