A campaña 'Sobes ao autobús do teatro?' chega a Oleiros o 28 de outubro

ACoruñaXa
O Centro Dramático Galego levará aos veciños e vaciñas de Oleiros ao Salón do Teatro de Santiago de Compostela para asistir á función 'Terceiro Acto'
Terceiro acto
29 sep 2024

O Centro Dramático Galego levará ao concello de Oleiros  o seu Programa de Mobilidade 'Sobes ao autobús do teatro?' o vindeiro venres, 28 de outubro. O autobús levará aos veciños e vaciñas ao Salón do Teatro de Santiago de Compostela para asistir á función 'Terceiro Acto'.

O autobús será gratuíto e sairá da parada de taxis de Santa Cristina ás 16.00 con volta prevista a última hora da tarde. A actividade está dirixida a público adulto, con prazas limitadas e preferencia para persoas empadroadas, e a entrada con prezo bonificado será de 5 euros.

O prazo de inscrición abre o xoves 3 de outubro ás 10.00 horas a través da sede electrónica do Concello de Oleiros ou presencialmente na Fábrica de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

0.11926007270813