A cambresa Noa Borrazás brilla no Campionato Galego Júnior de Natación con sete medallas

A nadadora Noa Borrazás protagonizou unha actuación espectacular no Campionato Galego Júnior de Natación, celebrado a pasada fin de semana en Ourense, onde conseguiu un total de sete metais.
A deportista cambrensa acadou catro medallas de ouro nas probas de 50, 100 e 200 metros costas e 200 metros libres, demostrando a súa gran versatilidade e talento na auga. Ademais, sumou unha medalla de prata e dous bronces nas remudas femininas, consolidándose como unha das nadadoras máis destacadas da competición.
O éxito de Noa Borrazás supón un orgullo para o deporte cambrés, sendo un exemplo de esforzo e superación.