A cambresa Aitana Morales, campioa galega de judo cadete por cuarto ano consecutivo

ACoruñaXa
A judoka representará a Galicia no Campionato de España tras impoñerse no Galego Infantil e Cadete 2025
judoka-cambre
10 Apr 2025

O deporte cambrés está de noraboa grazas á brillante actuación da judoka Aitana Morales, que vén de proclamarse campioa galega 2025 na categoría cadete durante o Campionato Galego Infantil e Cadete de Judo. Con este novo título, Aitana suma xa catro campionatos galegos consecutivos, consolidándose como unha das grandes promesas do judo autonómico.

Esta vitoria dálle acceso directo ao Campionato de España, onde representará a Galicia formando parte da selección autonómica. A cita celebrarase en Huesca, do 25 ao 27 de abril, e reunirá ás mellores judokas do panorama nacional.

Antes da competición estatal, Aitana participará nun adestramento de alto nivel en Marín, onde compartirá tatami con outras deportistas destacadas de Galicia, España e Portugal. Un paso máis na súa preparación para seguir facendo historia no judo galego.

⚙ Configurar cookies
0.14119482040405