A Biblioteca Rialeda de Perillo acolle a charla 'A importancia da conservación dos océanos'
ACoruñaXa
O programa 'Ler para saber: charlas de divulgación científica' volve á biblioteca Rialeda o próximo venres 1 de marzo da man do ecoloxista e activista Sebastián Losada Figueras
24 Feb 2024
A Biblioteca Municipal Rialeda sitúada en Perillo terá o venres 1 de marzo ás 18.30h unha charla científica impartida polo ecoloxista e activista, licenciado en Ciencias do Mar e asesor de Greenpeace Internacional; Sebastián Losada Figueras sobre 'A importancia da conservación dos océanos'.
As charla de divulgación científica está dirixida a o público en xeral, pero especialmente a nenas e nenos, a partir de 10 anos e adolescentes. A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.
Os obxectivos do programa 'Ler para saber' son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.