A Biblioteca Municipal de Ordes suspende o servizo 24 horas

ACoruñaXa
A medida establécese pola celebración das festas patronais e o festival DesOrdes Sonoras
ORDES bibliotes
7 Aug 2025

A Biblioteca Municipal de Ordes suspenderá temporalmente o seu servizo 24 horas desde o sábado 9 de agosto ás 14.00 horas ata o luns 18 ás 7.30 horas. O peche establécese con motivo das festas patronais e do festival DesOrdes Sonoras, ante a previsión dunha elevada afluencia de público na contorna da instalación.

Ademais, a duración do peche verase ampliada por un novo acto vandálico. Na mañá deste xoves, o persoal atopou a manilla da porta principal rota, o que obriga a substituíla antes de restablecer o acceso habitual.

Desde o Concello lamentan os feitos e fan un chamamento ao civismo e ao respecto polos espazos públicos, que son de todos e para todos.

⚙ Configurar cookies
0.12428593635559