A Banda Municipal de Oleiros viaxa a Toledo para o XVIII Encuentro de Bandas de Yeles

ACoruñaXa
A formación, dirixida por Nilo García Armas, actuará o sábado 25 de outubro ás 20.30 horas na Casa da Cultura con un programa que mestura pezas galegas e obras inspiradas en Castela-A Mancha
OLEIROS banda municipal
24 Oct 2025

A Banda Municipal de Música de Oleiros será unha das protagonistas do XVIII Encuentro de Bandas 'Villa de Yeles' (Toledo). A cita, enmarcada nun intercambio entre agrupacións, celebrarase este sábado 25 de outubro ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Yeles.

Baixo a batuta de Nilo García Armas, a banda levará ao escenario un repertorio variado no que conviven referencias manchegas, memoria histórica coruñesa e ritmos populares galegos. Entre as obras previstas figuran Por Tierras de la Mancha, En un lugar de la Mancha (1º movemento), A batalla de Elviña, Blades Of Toledo, Muiñeiras d’Oleiros, Ghalleghadas e o coñecido Mamma Mia.

Coa súa participación, a formación oleirense reforza a súa proxección fóra de Galicia e contribúe á divulgación do seu traballo en encontros que favorecen a colaboración e a circulación de públicos.

⚙ Configurar cookies
0.072088003158569