A Banda Municipal de Música de Sada celebra o concerto de Santa Icía este 22 de novembro

A Concellería de Cultura de Sada programa para o sábado 22 de novembro ás 20.00 horas o tradicional concerto de Santa Icía, que terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns. A cita contará coa actuación da Banda Municipal de Música, dirixida por Miguel Brea Seoane, que ofrecerá un repertorio con obras de R. P. Villaplana, Philip Sparke, Kurt Gäble e Gregorio Baudot. As frautas solistas serán Jimena Toledo Piñeiro e Noa Salinas González.
Antes do comezo do concerto, a Asociación Cultural Súarez Picallo presentará o seu novo 'Caderno de Estudos Locais: Xosé Barros Sada. Unha vida adicada á música', nun acto conducido polo autor da publicación, Luis Pérez Rodríguez.
A entrada é libre ata completar aforo, polo que se recomenda acudir con antelación para garantir praza.