A Banda Municipal de Música da Coruña rendirá homenaxe ao compositor Nelson Jesus

ACoruñaXa
Nun concerto especial dentro do seu Ciclo de Inverno no Teatro Colón coa música portuguesa no centro
banda-musica-coruña
22 Feb 2025

A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) celebrará este domingo, 23 de febreiro, un concerto especial dentro do seu Ciclo de Inverno no Teatro Colón, no que a música portuguesa será a gran protagonista.

O evento estará inspirado no compositor luso Nelson Jesus, quen estará presente no concerto. A batuta estará nas mans de Paulo Martins, director convidado e compatriota de Jesus, quen xa colaborou coa BMMC hai unha década.

O concerto, no que se interpretarán obras de Zhou Tian, Nelson Jesus e Thomas Doss, será unha proposta ecléctica e espectacular. O director titular da BMMC, Juan Miguel Romero Llopis, subliñou a importancia de pechar a actuación cunha obra de Doss, que emprega melodías da Novena Sinfonía de Beethoven, un "himno pola liberdade" que transmite "ganas de vivir", segundo o director.

Este concerto será aberto ao público, e as persoas que desexen asistir poderán acceder de balde ata completar a capacidade do teatro. O evento terá lugar ás 12.15 horas no Teatro Colón.

0.15685200691223