A Banda Municipal de Betanzos presenta o 'Concerto da Ilusión' o 29 de novembro

ACoruñaXa
A actuación terá lugar ás 20.30 horas na Igrexa de Santa María, baixo a dirección de Juan Antonio Ferrer Cerveró
BETANZOS concerto
15 Nov 2025

A Banda Municipal de Música de Betanzos, en colaboración co Concello e a Asociación Amigos da Banda, organiza para o sábado 29 de novembro o 'Concerto da Ilusión'. A cita será na Igrexa de Santa María, ás 20.30 horas, e contará coa batuta do director Juan Antonio Ferrer Cerveró.

O recital enmárcase na Axenda Cultural de Betanzos e ofrecerá un encontro musical nun dos escenarios máis emblemáticos da cidade. O Concello salientou a cooperación da Asociación Amigos da Banda para facer posible esta proposta.

A organización anima á veciñanza a achegarse a este concerto e lembra que toda a información actualizada estará dispoñible nos canais municipais.

⚙ Configurar cookies
0.070374011993408