A Autoridade Portuaria da Coruña licita as obras no Porto Exterior de Punta Langosteira

ACoruñaXa
As actuacións permitirán completar o peche perimetral cun treito dinal de 143 metros de lonxitude
punta-langosteira
21 Apr 2025

A Autoridade Portuaria da Coruña vén de anunciar a licitación das obras que permitirán completar o peche perimetral do Porto Exterior de Punta Langosteira, cun treito final de 143 metros de lonxitude. Esta intervención, cun orzamento de 127.000 euros, terá un prazo de execución estimado de tres meses.

A actuación enmárcase dentro do proxecto de integración do porto co contorno natural e urbano do Concello de Arteixo. A obra permitirá prolongar o carreiro peonil e ciclista que percorre o perímetro do Porto Exterior, conectándoo co roteiro litoral arteixán, unha senda moi frecuentada tanto por veciños como por visitantes.

O novo treito mellorará a mobilidade sostible na zona, fomentando o uso de modos de transporte non motorizados, como a bicicleta e os desprazamentos a pé, ao tempo que reforza a seguridade e accesibilidade na contorna portuaria.

Desde o Concello de Arteixo, valoran positivamente este avance, que consideran un paso máis cara á posta en valor do litoral e á convivencia entre a actividade industrial e o goce cidadán do espazo costeiro.

⚙ Configurar cookies
0.16096305847168