A aula CeMIT de Vilasantar pechará temporalmente do 11 ao 29 de agosto

O Concello de Vilasantar informou que a aula CeMIT permanecerá pechada entre o 11 e o 29 de agosto. Este peche temporal responde a un período de descanso estival do servizo.
A veciñanza poderá volver facer uso das instalacións e dos recursos tecnolóxicos a partir da súa reapertura, cando tamén se anunciarán novidades que permitirán ampliar as posibilidades de formación e acceso á tecnoloxía.
Dende o Concello lembran que estas aulas municipais forman parte da Rede CeMIT, un proxecto da Xunta de Galicia que promove a alfabetización dixital e o uso das TIC entre toda a poboación.
A organización anima á cidadanía a probar as novas ferramentas dispoñibles na aula unha vez finalizado este pequeno parón.