A aula CEMIT de Vilasantar estra nova infrastructura

A aula CeMIT de Vilasantar conta cunha nova actualización no seu equipamento tecnolóxico, que permitirá mellorar significativamente as sesións formativas. O equipo inclúe unha pantalla interactiva táctil que posibilita proxectar a pantalla do ordenador do docente, facilitando así a comprensión das explicacións.
Ademais, a pantalla tamén funciona como pizarra dixital, permitindo escribir, debuxar ou marcar mediante lápices táctiles, ofrecendo unha experiencia máis dinámica e interactiva para os usuarios da aula.
O Concello subliña que esta renovación reforza o compromiso coa formación dixital e co acceso á tecnoloxía, adaptándose ás necesidades actuais de estudantes e veciños interesados en adquirir novas competencias tecnolóxicas. Os responsables da aula animan a todas as persoas usuarias a aproveitar esta actualización, que busca mellorar a interacción, a comprensión e o aproveitamento das clases impartidas no CeMIT de Vilasantar.