A Asociación Tangatutanga Teatro presenta 'O Lago dos Cisnes' en Cambre

ACoruñaXa
Será unha adaptación da clásica historia que terá lugar no Centro Sociocultural O Graxal
lago-cisnes-cambre
8 Feb 2025

O sábado 15 de febreiro, a Asociación Tangatutanga Teatro presentará a obra 'O Lago dos Cisnes', unha adaptación da clásica historia que promete sorprender ao público.

A representación contará a historia da raíña Fríxida, que organiza un baile coa esperanza de atopar esposa para o seu fillo Sigfrido, un home de 41 anos. Unha proposta chea de emocións e sorpresas que levará ao público a mergullarse na trama de amor e intriga.

A función terá lugar no Centro Sociocultural O Graxal, ás 19.00 horas. A entrada será libre ata completar o aforo, polo que se recomenda chegar con antelación para asegurarse un sitio.

 

0.15246987342834