A Asociación Raíña Paraíso presenta o novembro en feminino dentro de 'Elas Piar Rural'

ACoruñaXa
A asociación organiza catro encontros os martes de novembro na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar
VILASANTAR programacion raiña
30 Oct 2025

A Asociación Raíña Paraíso impulsa este mes un ciclo específico dentro do programa 'Elas Piar Rural' dirixido a mulleres da contorna rural. O obxectivo é crear un espazo de apoio mutuo no que traballar corpo, emocións, autocoidado e alimentación consciente. As sesións terán lugar na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar (A Matés, s/n) e requiren inscrición previa en educacion.raina@gmail.com
ou no 677 924 873, xa que as prazas son limitadas.

O calendario estrutúrase en catro martes consecutivos. O día 4, de 16.00 a 17.00, abrirase con 'Movemento con alma', unha aproximación á expresión corporal a través do ioga. O 11, no mesmo horario, celebrarase 'Coñecerse para coidarse', centrada en sexualidade e autocoñecemento. O 18 chegará 'Aprendendo a quererme ben', tamén de 16.00 a 17.00, para incorporar rutinas de autocoidado emocional. O ciclo pecharase o martes 25, de 16.00 a 18.00, con 'A raíz do que somos', unha sesión práctica sobre alimentación consciente.

Segundo Raíña Paraíso, este 'novembro en feminino' busca ofrecer ferramentas útiles para o día a día, reforzar o benestar e tecer rede entre veciñas. A iniciativa está financiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

⚙ Configurar cookies
0.055142879486084