A Asociación Galega de Escritores organiza na Coruña un roteiro literario sobre Luísa Villalta

ACoruñaXa
O roteiro estará guiado por María Casar, presidenta da A. C. Ergueitas e terá lugar o sábado 27 de abril
Fotografía de arquivo da escritora Luísa Villalta
11 Apr 2024

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza na cidade da Coruña o vindeiro sábado 27 de abril un roteiro literario baseado na figura da escritora e poetisa, Luísa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

O roteiro estará guiado por María Casar, presidenta da A. C. Ergueitas, e terá lugar o sábado 27 de abril, a partir das 12.00 horas, tendo como punto de partida a estatua de Emilia Pardo Bazán, nos Xardíns de Méndez Núñez.

Para poder participar na actividade é necesario inscribirse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. Ademais a actividade conta co apoio do Concello da Coruña.

 

cartel roteiro liteario coruña luísa villalta
0.1273717880249