A Asociación Española Contra o Cancro en Irixoa organiza a charla 'Coidar aos que coidan'

ACoruñaXa
Esta iniciativa busca ofrecer apoio e orientación ás persoas coidadoras, recoñecendo a súa labor fundamental
cancro-irixoa
10 Mar 2025

A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Irixoa organiza unha charla gratuíta dirixida a quen sempre está ao coidado dos demais. Baixo o título 'Coidar aos que coidan', esta iniciativa busca ofrecer apoio e orientación ás persoas coidadoras, recoñecendo a súa labor fundamental.

A charla terá lugar o xoves 27 de marzo de 2025 ás 18.00 horas. Será impartida por Katy Gutiérrez, psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro, na Biblioteca de Irixoa, situada na Rúa Pazo de Irixoa, número 14, no Concello de Irixoa.

Está aberta a todas as persoas interesadas e será unha oportunidade para compartir experiencias e recibir información útil sobre como afrontar os retos emocionais e físicos do coidado.

⚙ Configurar cookies
0.47041988372803