A Asociación de Veciños San Antonio de Sada organiza unha Festa de Entroido en Riobao

ACoruñaXa
A celebración terá lugar o 15 de febreiro, a partir das 17.00 horas, na antiga Cámara Agraria, con actividades para público familiar
SADA carnaval av san antonio
2 Feb 2026

A parroquia de Riobao, no concello de Sada, acollerá o vindeiro 15 de febreiro a Festa de Entroido, unha iniciativa organizada pola Asociación de Veciños San Antonio de Sada para celebrar o Entroido cun programa dirixido a toda a familia.

A festa desenvolverase na antiga Cámara Agraria a partir das 17.00 horas e contará con actividades infantís, sorteos, doces tradicionais de carnaval e a celebración da Festa da Filloa, co obxectivo de dinamizar a parroquia e fomentar a participación veciñal.

A Asociación de Veciños San Antonio de Sada promove esta cita coa colaboración doutras entidades locais, apostando por manter viva a tradición do Entroido e ofrecer un espazo de encontro e lecer para a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.07726788520813