A Asociación de Veciños de Souto organiza o Cocido en A Gurita, en Paderne


A Asociación de Veciños de Souto organiza unha nova edición do seu tradicional Cocido, que terá lugar o vindeiro 22 de febreiro ás 14.00 horas no local de A Gurita, no concello de Paderne.
O menú estará composto por sopa, cocido, pan, viño, sobremesa e café, nun encontro pensado para favorecer a convivencia veciñal arredor da gastronomía tradicional. O prezo para persoas adultas será de 35 euros, mentres que a participación de nenos e nenas de entre 5 e 12 anos terá un custo de 18 euros. As e os menores de 5 anos poderán asistir de balde.
Desde a entidade organizadora lembran que o aforo é limitado, polo que é preciso anotarse antes do 17 de febreiro. As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos facilitados no cartel do evento.