A Asociación de Pensionistas e Xubilados abre unha mostra de memoria gráfica no CCC Manuel Murguía

A Sala de Exposicións do CCC Manuel Murguía acolle unha nova mostra organizada pola Asociación de Pensionistas e Xubilados, centrada na recuperación da memoria colectiva de Arteixo. A exposición permanecerá aberta ata o 19 de outubro e ofrece un percorrido polas lembranzas da comunidade a través dun conxunto de fotografías históricas que documentan escenas cotiás e momentos destacados do municipio.
O proxecto complétase con seccións dedicadas á numismática, cunha escolma de moedas de José Antonio García Uzal, e á artesanía en madeira mediante traballos de Antonio Iglesias Rabuñal, que engaden valor patrimonial e didáctico ao conxunto. A proposta convida á veciñanza a achegarse para recoñecer rostros, espazos e obxectos, e a compartir a súa propia memoria familiar e social.