A Asociación Cultural Musicambre organiza unha xornada de normalización musical
ACoruñaXa
Un evento que busca promover a cultura musical cunha actividade aberta a toda a veciñanza

29 Jan 2025
O 1 de febreiro, o Centro Sociocultural do Graxal será o escenario dunha xornada especial de Normalización Musical organizada pola Asociación Cultural Musicambre. O evento comezará ás 19.00 horas e busca promover a cultura musical cunha actividade aberta a toda a veciñanza.
Segundo trasladan desde o Concello de Cambre, a cita contará cunha entrada-donativo. Musicambre convida a todas as persoas interesadas a participar nesta tarde de música e normalización cultural.