A Área Sanitaria da Coruña e Cee ampliará a súa capacidade de hospitalización psiquiátrica

ACoruñaXa
A nova unidade, situada na primeira planta do Hospital Marítimo de Oza, contará con 14 camas
Imaxe do Hospital Marítimo de Oza na Coruña
11 Feb 2025

A Área Sanitaria da Coruña e Cee incorporará unha nova unidade de hospitalización psiquiátrica no Hospital Marítimo de Oza, que se centrará na atención a pacientes con patoloxías psiquiátricas agudas e que requiran ingreso hospitalario.

Con esta medida, consensuada co servizo de saúde mental e posta en coñecemento á comisión de centro o pasado mes de decembro, preténdese ampliar a capacidade de hospitalización psiquiátrica na área sanitaria, mellorar a calidade asistencial mediante un entorno axeitado e especializado, así como reducir os tempos de espera para o ingreso na unidade de psiquiatría. De feito, para axilizar a posta en funcionamento desta nova unidade, na comisión de dirección, acordouse bloquear as camas en el sector en el que se va a actuar.

A nova unidade, situada na primeira planta do Hospital Marítimo de Oza, a carón da actual unidade de hospitalización de psiquiatría, contará con 14 camas, ás que hai que engadir as 34 coas que conta na actualidade, o que supón un incremento do 40 %, e disporá ademais de áreas de atención médica e enfermería e espazos de uso terapéutico e recreativo, garantindo a seguridade e o confort dos pacientes mediante un deseño adaptado ás necesidades da hospitalización psiquiátrica.

A creación desta unidade supón un avance significativo na atención psiquiátrica hospitalaria, reforzando a capacidade asistencial e mellorando a calidade da atención na área sanitaria. O seu desenvolvemento permitirá un abordaxe máis eficiente e humanizado da enfermidade mental, beneficiando tanto aos pacientes como ao sistema de saúde no seu conxunto.

Esta actuación, na que se invertirán máis de 135.000 euros, entre obra e equipamento, incrementará de xeito importante a capacidade asistencial dos pacientes con patoloxía psiquiátrica, respondendo á demanda dunha área sanitaria que atende a máis de 550.000 persoas e que actualmente rexistra mais de 500 ingresos psiquiátricos anuais.

 

0.15731906890869