A alcaldesa recibe a María de Valdés, subcampioa do mundo en natación de augas abertas

ACoruñaXa
A deportista do Club Natación Liceo da Coruña acadou a medalla de prata no Mundial de Doha o pasado mes de febreiro e clasificouse para competir nos Xogos Olímpicos de París 2024
A alcaldesa da Coruña Inés Rey e a nadadora María de Valdés
4 Mar 2024

Este luns a alcaldesa Inés Rey recibiu á nadadora María de Valdés, subcampioa do mundo de natación na modalidade de augas abertas. A deportista é membro do Club de Natación Liceo da Coruña e xa fora subcampioa de Europa de 2022 na modalidade 5 quilómetros en augas abertas.

Ademais, María de Valdes é bolseira do Concello a través do programa de bolsas para deportistas individuais impulsadas polo Goberno local co obxectivo de apoiar aos deportistas da cidade.

A alcaldesa trasladoulle os parabéns en nome da cidade pola prata acadada no Mundial de Doha o pasado mes de febreiro, proclamándose subcampioa do mundo na modalidade 10 quilómetros en augas abertas. De Valdés clasificouse deste xeito para os Xogos Olímpicos de París 2024. "É unha honra para A Coruña que María leve a nosa cidade ao máis alto do deporte mundial" explicou Rey.

0.17261815071106