A agrupación musical Amizades celebrará un concerto en beneficio de AFACO
O vindeiro venres 15 de marzo, ás 19 horas, terá lugar no Auditorio do Ágora da Coruña un concerto moi especial. Trátase dunha cita solidaria, a beneficio da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO).
As entradas terán un custo de 10 euros e poden adquirirse a través de Ataquilla. Todo o diñeiro recaudado será destinado a AFACO.
Dende AFACO queren agradecer de maneira especial á agrupación Amizades a súa colaboración, así como ao Concello da Coruña e a todas as persoas que xa adquiriron unha entrada. Lembramos ademais que se pode colaborar a través dunha fila 0 enviando un Bizum á 07642 / ONG AFACO.
A través de versións actualizadas de antigas baladas, boleros, obra folclórica, e composicións
propias, os asistentes poderán viaxar a través do tempo mesturando sensacións vividas con outras novas.
A agrupación musical Amizades aúna a un conxunto a profesionais de diferentes ámbitos profesionais como médicos, avogados, empresarios ou arquitectos que realizan a través da súa afección á música un labor social, cultural e humanitaria que desde AFACO queremos tamén poñer en valor.