A AECC garante atención a pacientes e familias durante o verán na provincia da Coruña

ACoruñaXa
Fisioterapia, nutrición, psicoloxía, logopedia e traballo social continúan activos
A CORUÑA aecc
23 Aug 2025

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) mantén os seus servizos de atención integral a pacientes oncolóxicos e ás súas familias durante o verán en toda a provincia da Coruña. Nas sedes de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Ribeira, os profesionais de fisioterapia, nutrición, psicoloxía, logopedia e traballo social continúan ofrecendo apoio para garantir o benestar físico, emocional e social das persoas afectadas.

As persoas interesadas poden solicitar cita directamente nas sedes provinciais, a través do teléfono gratuíto Infocáncer (900 100 036), dispoñible 24 horas ao día os 365 días do ano, ou mediante a páxina web. O programa ofrece atención personalizada en fisioterapia para mellorar mobilidade e controlar a fatiga, logopedia para problemas de deglución e comunicación, nutrición adaptada ás necesidades de cada paciente e psicoloxía para acompañar ás persoas en todas as fases da enfermidade.

O servizo de traballo social tamén continúa operativo en toda a provincia, facilitando información sobre recursos internos e externos, xestionando axudas económicas e préstamos de material ortoprotésico, camas, pelucas ou pañuelos, así como proporcionado solucións de aloxamento a pacientes que deben trasladarse por tratamentos. A coordinadora provincial, Lourdes Silvoso, subliña que durante o verán os equipos reforzanse para garantir que todos os pacientes e familiares sigan a recibir apoio, especialmente en aspectos sociais e emocionais.

⚙ Configurar cookies
0.12890195846558