A actriz Marta Doviro presenta este venres en Ordes a comedia 'Memorias dunha rapasa da costa'
ACoruñaXa
A actriz galega ofrecerá humor e nostalxia sobre a Costa da Morte cun toque "hollywoodiense" e un peche ao ritmo de "rap galaico"
7 Nov 2024
A Casa da Cultura de Ordes prepárase para recibir este venres, 8 de novembro, ás 20:00 h, á actriz Marta Doviro co seu espectáculo "Memorias dunha rapasa da costa". Nesta entrañable comedia, Doviro levará ao público por un percorrido cheo de humor e lembranzas sobre a Costa da Morte, mesturando anécdotas e historias locais cun divertido toque "hollywoodiense".
Para poñer o broche final, a actriz sorprenderá aos asistentes cunha actuación en estilo "rap galaico", que promete arrincar sorrisos e aplausos. A entrada é de balde ata completar aforo, polo que se recomenda chegar con antelación para non perder esta cita especial.