A 52ª Regata Rías Altas arrinca na Coruña sendo a proba máis dura de Galicia

ACoruñaXa
Inícianse coa etapa entre A Coruña e Laxe, cun percorrido de 35 millas
regata-corunha
2 Jul 2025

Dá comezo a 52ª edición da regata de cruceiros Rías Altas, que se inicia coa etapa entre A Coruña e Laxe, cun percorrido de 35 millas. A presentación da proba tivo lugar no Real Club Náutico da Coruña, organizador do evento, e estivo encabezada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, o Comodoro do club, Jaime Araújo, e o director deportivo, Jano Toro.

“Desde o Goberno de Inés Rey apoiamos e colaboramos coas grandes competicións náuticas que se celebran na nosa cidade, que é referente absoluto en diferentes disciplinas”, afirmou Manuel Vázquez, resaltando a importancia desta regata, considerada a máis longa e dura do Atlántico, e que conta coa colaboración do Concello da Coruña.

O percorrido continúa o venres 4 coa etapa de 16 millas entre Laxe e Muxía. O sábado 5 a regata avanzará entre Muxía e Malpica cunha etapa de 30 millas, mentres que o domingo 6 rematará coa última etapa de 21 millas entre Malpica e o porto coruñés.

Manuel Vázquez destacou a profunda vinculación de A Coruña co mar e a importancia do apoio do Goberno local a iniciativas como esta clásica regata, que contribúen á promoción e fomento das actividades náuticas. O concelleiro aproveitou para felicitar ao Real Club Náutico polo seu traballo continuo e lembrou que esta semana arrincou o programa Coruña non Mar, que ofrece máis de 500 prazas en deportes náuticos como vela lixeira, windsurf, surf e piragüismo.

Respecto á pasada edición, Jaime Araújo explicou que en 2024 repetíuse o mesmo itinerario debido ao éxito de participación e a boa resposta dos concellos de Malpica, Laxe e Muxía.

Na competición, na clase ORC 0-3 o vencedor foi o “Gómez Mostly” de Andrés Soto, do clube organizador; segundo quedou o “Lambaix” de Antonio Ríos (Náutico de Cabanas) e terceiro o “Jabadaa” de Roberto Bermúdez de Castro (Real Club Náutico). Na clase ORC 4-5, o triunfo correspondíu ao “Fígaro 55” de Jesús Pintos, seguido do “Golfiño” de José Naya (Náutico Ría de Ares) e do “Impresión 3D Atlántico” de Guillermo Blanco.

⚙ Configurar cookies
0.17259001731873