Sanidade
Máis horas de axuda no fogar e reforzo dos equipos sociais en 2026 na provincia da Coruña
A Deputación investirá 8.855.329 euros para financiar 377.991 horas do SAF e a contratación de 177 profesionais en concellos de menos de 20.000 habitantes
O centro de saúde de Carral volve ao foco político co debate sobre reparacións e apertura pola tarde
A deputada socialista Silvia Longueira critica que o PP rexeitase no Parlamento pedir actuacións urxentes no edificio actual e impulsar un novo inmoble nos terreos ofrecidos, ademais de ampliar o servizo para reducir demoras
Paderne acolle unha charla para desmontar mitos sobre substancias químicas e cancro
A sesión, gratuíta e aberta á veciñanza, celebrarase o venres 20 de febreiro ás 19.30 h na Casa Consistorial e será impartida por Elena Lendoiro Belío
O BNG levará ao Pleno as queixas do persoal do CHUAC polo transporte e a falta de aparcadoiro
Avia Veira reuniuse con traballadoras do complexo hospitalario e advirte de que as obras están a agravar os problemas de acceso
A Xunta activa en febreiro a rede de psicólogos clínicos en atención primaria con 21 novas incorporacións
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia a posta en marcha da Rede de psicoloxía clínica en atención primaria, que permitirá reforzar o abordaxe dos trastornos mentais comúns e mellorar a coordinación coa Psiquiatría
Sanidade e o PSdeG chocan no Parlamento pola revisión das dietas no CHUAC
Gómez Caamaño pon en valor os 3.750 menús diarios e os procedementos de control, mentres Silvia Longueira denuncia que máis do 80 % das comidas non contan coa revisión preceptiva dos dietistas e reclama cubrir prazas
O BNG de Coirós leva ao pleno unha moción para impulsar un centro de día público para maiores e persoas dependentes
Os nacionalistas apelan ao envellecemento do municipio e piden estudos técnicos, un proceso participativo e apoio financeiro da Xunta e doutras administracións
GaliciaXa
O virus sincitial increméntase ata o 10 % da taxa de positividade
Aumenta o volume de consultas en todos os grupos de menores de dous anos
Pontón esixe un plan de choque para a primaria e novas especialidades nos centros de saúde
A portavoz do BNG acusa a Rueda de estar 'ausente' ante o colapso das urxencias do CHUAC e advirte de que o deterioro do público responde a unha estratexia para favorecer a privada
O Concello de Carral e A Xunta avalían as necesidades da atención sanitaria no municipio
O alcalde reuniuse co conselleiro de Sanidade para estudar melloras no centro de saúde, incluída a posibilidade de construír un novo edificio
A Deputación confirma unha achega de 300.000 euros para rematar o novo centro de Adaceco en Eirís
As obras entran na súa fase final e a entidade prevé concluílas o 31 de marzo e se os trámites avanzan sen atrancos, o equipamento podería botar a andar no verán e atender arredor de 40 persoas
A Comisión de Centro do CHUAC alerta dun colapso 'grave e sostido' en Urxencias e pide medidas estruturais
A representación do persoal asegura que a saturación xa se estende ao conxunto do hospital e reclama reforzar de inmediato a Atención Primaria, aumentar camas e dimensionar os cadros de persoal
GaliciaXa
Galicia mantén unha intensidade baixa e tendencia decrecente na onda da gripe
Nesta campaña vacináronse xa contra a enfermidade máis de 876.000 persoas
GaliciaXa
A gripe rexistra unha intensidade baixa e xa está en tendencia decrecente
Nos últimos sete días ingresaron no hospital 343 persoas con gripe confirmada e a maior taxa de consultas por gripe segue a darse en nenos de 0 a 4 anos
Abegondo adxudica por 248.000 euros o novo acceso e o aparcadoiro do futuro centro de saúde
O vial conectará de xeito directo a AC-542, á altura da gasolineira, coa instalación sanitaria, mentres que o estacionamento sumará 21 prazas e estará fronte á fachada principal
Oleiros, no mapa dos novos positivos de gripe aviaria en Galicia
A Xunta confirma un dos catro focos detectados en gaivotas patiamarelas e traslada os exemplares ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros
A Xunta licita por 401.895 euros o proxecto da fase 0.2 de melloras no CHUAC
A redacción do proxecto e a dirección de obra inclúen actuacións en diálise, reanimación, pneumoloxía e rehabilitación, con ofertas abertas ata o 2 de febreiro de 2026
A campaña de doazón de sangue da ADOS reforza as colectas de Nadal na cidade da Coruña
As unidades móbiles pasarán por Los Rosales, Monte Alto, Cantón-Obelisco, Monelos-Castrillón e Marineda City, nun chamamento para acadar arredor de 400 doazóns diarias en Galicia
Abegondo volve xogar pola solidariedade co torneo de futsal 'Mételle un gol ó cancro' en San Marcos
O pavillón acollerá do 26 ao 28 de decembro partidos en categoría feminina e masculina, con comida, música e recadación a favor do Centro Oncolóxico de Galicia




