AcorunaXA
A Vía Verde Compostela–Tambre–Lengüelle estrea en Ordes uns murais que homenaxean a historia do tren
O estudo ordense Mutante Creativo transforma o antigo depósito de auga da estación da Pontraga nun percorrido visual pola memoria ferroviaria e pola evolución do territorio
O Dúo Matices animará o baile para maiores deste sábado na Casa do Pobo de Iñás
O Concello de Oleiros continúa co programa rotatorio de festas de tarde para persoas maiores de 65 anos, cun baile de acceso libre este sábado 13, de 17.00 a 20.00 horas
Oleiros programa unha fin de semana chea de música para todos os públicos
Actuacións infantís, concertos de Nadal e propostas da Escola Municipal de Música completan a axenda cultural do 12 ao 14 de decembro
Inés Rey reivindica a intermodal como motor da mobilidade e da renovación urbana na Coruña
A alcaldesa visita, xunto ao Ministerio de Transportes, as obras de transformación da estación de San Cristovo e a nova conexión viaria entre a Sardiñeira e a avenida de Arteixo, cun investimento municipal de máis de 3,8 millóns de euros
O deporte, a cultura e a mocidade centran as propostas do Pleno Infantil de Betanzos polo Día da Constitución
Dezaseis alumnos e alumnas de 6.º de Primaria dos colexios Vales Villamarín e Atocha convertéronse en concelleiros por un día e aprobaron por unanimidade iniciativas sobre actividades culturais, deporte, comercio local e novas tecnoloxías
Regueira reivindica o compromiso da Deputación da Coruña cun turismo sustentábel ante medios internacionais
O vicepresidente provincial debulla ante xornalistas de México, Perú, Venezuela e España o modelo de turismo de calidade, a cooperación entre concellos e proxectos que reforzan a identidade gastronómica, natural e cultural da provincia
O Concello da Coruña apoia máis de cen iniciativas sociais e veciñais con 331.000 euros
As tres liñas de subvencións de Benestar Social para 2025 financian 121 proxectos de entidades de iniciativa social, asociacións veciñais e colectivos de igualdade e diversidade, cun importe adxudicado de 331.005,31 euros
Culleredo acolle un Mercado de Nadal solidario a beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas
O CIFP Universidade Laboral e a EOI de Culleredo organizarán do luns 15 ao venres 19 de decembro un mercado con libros, roupa, xoguetes e produtos de segunda man en horario de 8.30 a 21.00 horas
Sada lanza o Concurso de Escaparates de Nadal 2025 para premiar a creatividade do comercio local
O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de decembro ás 23.59 horas e A Concellería de Promoción Económica anima aos establecementos a decorar as súas fachadas de cara á campaña de Nadal
A VIII Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage encherá de tesouros as pistas do Carregal esta fin de semana
O Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Ferro Vello organizan os días 13 e 14 de decembro esta cita gratuíta, con horario de mañá e tarde e máis dunha trintena de postos especializados
O premio popular da Semana do Pincho 2025 recae no restaurante Cho polo seu bocadiño de froitos do mar
As persoas participantes na ruta gastronómica elixen a proposta de Enrique González Portela a través da app GastroBetanzos nunha edición con doce locais e dúas distincións, xunto ao galardón do xurado profesional
A campaña de Nadal de Aecor sorteará 6.000 euros en bonos de compra en Ordes
Por compras superiores a 20 euros nos negocios asociados poderase participar no sorteo de figuriñas con bonos de ata 50 euros e dous premios especiais de 500 euros
O PP denuncia en Culleredo un 'apagón de Nadal' pola falta de previsión no alumado
A formación critica que o contrato aínda está en licitación, sen data de acendido, e alerta do impacto no comercio local e nas parroquias rurais, onde 'o único que brilla é o que poñen os veciños nas súas casas'
O Pride Positivo visibiliza na Coruña a loita contra o estigma do VIH cunha xornada de cine, literatura e debate
CASCO organiza no espazo Galgo Azul unha sesión polo Día Mundial da Loita contra a Sida con proxección de curtas, encontro coa escritora Xulia Alonso e un coloquio sobre o estigma
Abre o novo mercado municipal de Monte Alto tras unha reforma de case dez millóns de euros
O Concello moderniza a praza de abastos con postos máis amplos e luminosos, mellora da eficiencia enerxética e unha praza exterior renovada que gaña accesibilidade e espazos de lecer
A Xunta comprométese a responder ás demandas de Oleiros sobre o transporte público
O alcalde reclama melloras urxentes nas liñas saturadas, máis conexións co polígono de Iñás e unha liña directa entre Perillo e a universidade, ademais de recuperar o 1-A a Santa Cristina
Curtis reclamará á Xunta a ampliación urxente do CEIP de Teixeiro polo aumento de alumnado
O Concello porá terreos á disposición da Consellería en xaneiro de 2026 e pide o proxecto técnico e o financiamento da obra para garantir a escolarización no curso 2026/2027
Reabre o pavillón de O Graxal tras o peche cautelar polo seu deterioro
Alternativa de Veciños de Cambre lembra que apoiou a licitación de urxencia e reclama seguir mellorando as instalacións municipais e os centros educativos
Vilarmaior abre o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal 2025/26
A proposta, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, celebrarase na Casa da Cultura entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro, con prazas limitadas e unha cota de 20 euros
Curtis presenta a programación de Nadal con espectáculos, obradoiros e campamento de conciliación
O Concello organiza actividades en Curtis e Teixeiro do 22 de decembro ao 5 de xaneiro e ofrece un campamento de Nadal con prazas limitadas para facilitar a conciliación familiar
A Xunta financia con 60.000 euros a mellora enerxética do campo de fútbol de Vizoño en Abegondo
O recinto deportivo renova a iluminación con proxectores LED e incorpora un sistema de auga quente por aerotermia, nun proxecto cofinanciado a través do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local
Arteixo abre o prazo do 35º Certame de Narracións Breves 'Manuel Murguía'
O concurso, consolidado como unha das citas literarias de referencia en Galicia, ofrece premios de ata 4.000 euros e admite orixinais en galego ata o 31 de xaneiro de 2026
O Olímpico do Mandeo pecha a IV Liga Galega de Remo Olímpico con dous títulos e cinco podios
O club de Bergondo proclámase campión infantil feminino e cadete masculino e logra postos de honra en alevín e infantil tras a última regata disputada en Castrelo de Miño
A Esquipa estreará rede de sumidoiros e nova depuradora tras un investimento de 510.000 euros
Arteixo e A Laracha conclúen o proxecto conxunto que mellora a estrada, completa o saneamento e fai máis accesible e sostible este núcleo compartido entre Monteagudo e Lendo




